LUDOTECA ITINERANTE, UN NOVO SISTEMA PARA CHEGAR ÁS PARROQUIAS

A concellaría de Benestar Social pon de novo en marcha, a partir do vindeiro luns día 3 de outubro, a ludoteca itinerante que recorrerá dez parroquias do municipio, concretamente, Vilar, Cesantes, O Viso, Reboreda, Cedeira, Trasmañó, Quintela, San Esteban, Cabeiro e Chapela-Cidadelle.
A ludoteca, que estará en marcha dende o 3 de outubro ata o mes de decembro, está dirixida a nenos e nenas de 4 a 14 anos.
A actividade desenvolverase durante unha hora e media en cada unha das parroquias, de luns a venres.
Deste xeito, os luns estará presente en Cesantes, de 16.30 a 18.00 horas; en Vilar, de 17.00 a 18.30 horas; e en San Esteban, de 18.15 a 19.45 horas.
Os martes trasladarase a Trasmañó, de 16.00 a 17.30 horas, e a Quintela, de 16.30 a 18.00 horas. Os mércores estará en Reboreda, de 18.00 a 19.30 horas, e en Saramagoso-O Viso, de 17.00 a 18.30 horas.
Os xoves a actividade desenvolverase en Cabeiro, de 17.00 a 18.30 horas; e os venres en Cedeira, de 16.30 a 18.00 horas, e en Cidadelle-Chapela, de 18.15 a 19.45 horas.
As instancias para poder participar nesta ludoteca están a disposición dos interesados nos diferentes centros culturais das parroquias.


TALLER DE TEATRO NO CENTRO CULTURAL DE VILAR DE INFESTA

O centro Cultural de Vilar de Infesta pon en marcha un Taller de Teatro organizado pola concellaría de Participación Cidadá, dirixida pola nacionalista Cecilia Pérez Orge.

O taller, que dará comezo o vindeiro venres día 7, prolongarase ata o mes de xuño. As clases celebraranse todos os venres de 20.30 a 22.30 horas.

Os interesados en participar nesta actividade, continuación do taller celebrado ata comezos do verán, poden formalizar as súas inscricións no Centro Cultural de Vilar.

CURSOS DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL

A Asociación Cultural Santa María do Viso oferta para este ano 2005 os cursos de música tradicional consistentes en:

Baile tradicional galego
Percusión tradicional galega
Pandeireta
Gaita


Os cursos desenvólvense ca Sociedade de Agricultores do Viso (Barrio de Tuimil - O Viso) os sábados a excepción do de percusión tradicional que é o venres pola noite.

Para máis información chamar ó: 656 938 058


Redondelaweb.com "A vila dos viaductos"