![]() |
Redondelaweb.com
"A vila dos viaductos" |
|||||
![]() |
|
![]() |
||||
A BATALLA DE RANDE
Entre o serán do 23 e a noite do 24 de outubro de 1702 desenvolveuse na baía de Vigo un dos combates marítimos máis duros da historia. Neste tempo a armada anglo-holandesa atacou a flota franco-española ata acabar con ela. Douscentos barcos anegaron a enseada de San Simón, que foi así testemuña muda dunha sangría única na historia das nosas costas.
Para comprender esta derrota, temos que partir da base de que neste época o outrora glorioso e todopoderoso imperio español estaba en decadencia e as súas posesións e monopolios (sobre todo o comercio con América) eran un botín moi cobizado por aquelas potencias que empezaban a desbancalo.
A Flota de Indias cegaba tódos os anos de América cargada con ouro, prata pelos e materias de primeira calidade, converténdose así nun obxectivo prioritario. Así, durante tres anos esta flota non puido achegarse ás nosas costas, xa que os piratas ingléses unhas veces e os frecuentes furacáns das costas americanas noutras, non o permitiron, polo que no momento en que emprenderon por fin a travesía as bodegas estaban cheas a rebosar.
A coroa española, que tiña grandes dificultades financieiras pola guerra de sucesión esperaba, ó borde da desesperación, este cargamento, polo que deu a orde de que fixera a travesía escoltado por unha flota de barcos de guerra franceses, intentando evitar a acción dos piratas.
O destino inicial eran as costas andaluzas, pero ó chegar novas de que a flota anglo-holandesa estaba a saquear esta zona, reuníronse os máximos responsables de armada franco-española para decidir un novo destino, chegando á conclusión de que o porto de Vigo era o lugar axeitado para o refuxio da flota.
Ó enterarse da nova, o gobernador e o capitán xeral de Galicia, O Duque de Barbanza, que era consciente do lamentable estado das fortificacións da ría e da carencia de tropas na zona, empeza a preocuparse e a buscar tódos os medios para opoñerse a un posible ataque, xa que temía que a escadra anglo-holandesa, ademais de chegar ás nosas costas para aniquilala flota, pretendese despois desembarcar na rexión.
O 29 de setembro a flota chega á boca da ría. Os ciudadáns desta pequena cidade, cun único castelo e pouca poboación, amoréanse para velo desfile de barcos, sabendo que todos os esforzos ían ser inútiles ante o probable ataque inimigo.
Unha vez que os barcos e a súa escolta francesa entran na Enseada de San Simón, procédese a instalar nos fortes varios dos canóns que transportaban, ademais, para reforzar a defensa pecharon a canle cunha estacada formada por cadeas, leños e cabos grosos…
Sobre o desembarco do tesouro antes do combate hai serias dúbidas e as opinións son diverxentes, hai quen di que todo, outros que nada, que parte… os historiadores non se poñen de acordo sobre esta cuestión.
Nos mediados de outubro, chega á poboación a nova de que os barcos ingleses, que abandonaran o blouqeo de Cádiz, navegaban rumbo a Inglaterra, polo que pensaron que o perigo xa pasara. Pero o día 21. os barcos de guerra entran na ría. A poboación tenta reorganizar a defensa, que xa se abandonará e pechan as porta da vila tras aprovisionarse de víveres e auga. A alarma e a confusión medran anta a vista da escadra inimiga, ameazante e poderosa. En total, entre barcos de guerra, hospitais e auxiliares, chegaron a concentrarse na nosa ría uns 180 barcos.
A superioridade do invasor fronte á flota franco-española era abafante, coma exemplo, cabe destacar os nomes dos seus xefes: o almirante holandés Van Der Goes, o almirante inglés George Rook e o Duque de Ormond. Nembargantes, nun primeiro momento o fogo dos cañóns dende os baluartes de Vigo e os navíos franceses apostados trala cadea de leños que tentaban bloquealo paso puxeron en apretos ós invasores. Esto ocurre o 22 de outubro. Ó caer a noite convócase un consello de guerra no buque almirante da escadra anglo-holandesa, onde organizan a batalla do día seguinte. Así, ás 10 de mañá do 23 de outubro comeza a sanguenta e espectacular Batalla de Rande, unha batalla tan terrible que faltan as palabras para describila. O desembarco realizase nunha praia situada a dúas leguas de Vigo, onde avanzaron cara a Redondela, cidade que atacaron. Alí encontraron unha vigorosa oposición da poboación, pero a superioridade era patante e puido cos defensores locais. Ö ver que todo estaba perdido, o almirante da flota francesa, Chateau-Renault deu a orde de afundir os barcos, para evitar que foran apresados polos inimigos.
Coa armada gala fora de combade, os ingleses tiñan por fin frente a frente ós galeóns de indias e a súa cobizada carga. Pero Manuel de Velasco, o xeneral español ó mando, tomou exemplo do seu colega francés e decidiu botar a pique os seus barcos, ó tempo que ordeaba ós seus homes que se lanzaran á auga. O final da batalla, no fondo da ría quedou o tesouro dos españois e un montón de cadáveres: dous mil españois e franceses que pereceran no curso desa xornada negra da nosa historia.